O Concello de Oroso cede provisionalmente un local para o Servizo de Pediatría.
O Concello porá a disposición da Consellería de Sanidade un local de 140 metros cadrados para a instalación provisional da consulta de pediatría. Pola súa banda a consellería aumentará o cadro de persoal cun novo pediatra e un enfermeiro.
O local destinado a este fin situase na rúa do Campo número 9-11 e contará con 3 consultas de recoñecemento, 1 sala de curas, 1 sala de espera, 1 arquivo, e recepción.
As obras comezarán de inmediato e prevese que poida estar en funcionamento dentro de dous meses. No próximo pleno poñerase este local a disposición da Consellería, de xeito provisional, así coma os terreos onde se construirá o novo centro de Saúde.
A cesión provisional do local destinado ó servizo de pediatría ven debido a saturación das consultas que esta unidade estaba a ter, cerca de 1134 rapaces no mes de febreiro, e que se manterá activo ata a construcción do novo centro de saúde.
O Alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira afirmou “síntome satisfeito desta medida derivada da visita feita á Conselleira de Sanidade na que lle expusimos o problema da saturación do servizo de pediatría”. A visita a que fai mención o alcalde realizouna xunto co Concelleiro de Sanidade, Manuel Cendal Raña, á Conselleira de Sanidade, María José Rubio, e ven a paliar provisionalmente a falta de espazo no Centro de Saúde de Sigüeiro.