subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

A pediatra de Oroso dará unha conferencia sobre nutrición infantil.


 

O Concello de Oroso vén de convocar ós pais e nais de nenos menores de 3 anos a unha conferencia sobre nutrición infantil que terá lugar o día 2 de maio, ás 6 da tarde no salón de actos do Edificio dos Usos Múltiples de Sigüeiro. Éste é o segundo ano consecutivo que se realiza este evento, ó que o ano pasado acudiron preto de 50 persoas, e que axudou a solventar dúbidas coma cal é a alimentación máis adecuada e que facer cando os nenos non queren comer certo tipo de alimentos.

A conferencia ten coma obxectivo o de informar e crear espazo de reflexión sobre a nutrición dos nenos destas idades tan temperás. Tamén servirá para resolver as dúbidas que xurdan ó longo da charla, e fomentarase o diálogo dos pais e nais entre si, para poñer en común os diversos problemas que acontecen en materia de nutrición infantil.
María José Méndez, pediatra do Concello de Oroso, será a encargada de dar a conferencia organizada polo programa Preescolar na casa. A pediatra lembra que "unha boa alimentación axuda á prevención do principal problema, que é a obesidade infantil". Ademáis confirmaba a necesidade de realizar este tipo de eventos para coñecer de primeira man as normas básicas dunha boa alimentación para conseguir adultos máis sans e evitar así posibles enfermidades tales coma a diabete, a hipertensión ou o cancro.

Os interesados en acudir á conferencia deberán confirmar a asistencia no mesmo concello.