subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Os veciños da Gándara atenderon as explicacións dun técnico de Medio Rural sobre a nova normativa en prevención de incendios.


Manuel Mirás incidiu na importancia dos traballos de limpeza e desbroce antes do verán para evitar outro desastre ecolóxico.

O Concello de Oroso en colaboración coa Consellería de Medio Rural comezou a organizar unhas charlas para trasladarlle aos veciños os pormenores do Decreto 105/2006 para a Prevención dos Incendios Forestais e sobre a Lei de Prevención de Incendios Forestais que entrou en vigor antonte.

Durante a charla, celebrada onte no local de A Gándara, Manuel Mirás insistiu na importancia dos traballos de limpeza, desbroce e tala, que deben realizarse antes do verán nos núcleos de poboación que Medio Rural considera máis sensibles. Para o alcalde “debemos ter unha especial sensibilidade para evitar que se repitan situacións como as do verán pasado cos incendios, e minimizar o impacto ecolóxico”. Prazo ata finais de abril

Pola súa parte, o técnico encargado de impartir a charla, Segundo Ruíz, explicoulles aos veciños e veciñas da Gándara as distancias en metros que deben estar limpas de vexetación ao redor das casas, as distancias que deben respetar as plantacións respecto ás edificacións, as comunicacións e autorización das queimas, ademáis das sancións ante oincumprimento da normativa vixente. Segundo Ruíz explica que o que máis interes esperta entre axente é o tema das distancias.

O concello de Oroso ten aberto o prazo ata finais deste mes de abril para solicitar a realización de traballos preventivos de desbroce e tala na franxa de 25 metros arredor de calquera edificación, urbanización, obras, instalacións industriais, eléctricas, ou infraestructuras de transporte situadas a menos de 400 metros do monte.