subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Oroso acollerá unha charla sobre o funcionamento do Banco de Terra de Galicia.


Terá lugar o luns 10 de decembro, ás 16:00 horas, no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro.

O Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro acollerá o vindeiro luns 10 de decembro unha charla sobre o Banco de Terras de Galiza (BanTeGal). Esta charla, organizada pola Consellería do Medio Rural, terá lugar a partires das 16:00 horas.

A conferencia servirá para presentarlles aos veciños e veciñas de Oroso o funcionamento do Banco de Terras, co que a Xunta busca mobilizar terras agrarias mediante o aluguer. Unha iniciativa que pretende crear riqueza e emprego mediante o arrendamento daquelas fincas agrarias que estén abandoadas ou que sexan improductiva.

Os poñentes explicaranlles aos veciños de Oroso que calquera persoa pode inscribir voluntariamente as súas fincas no Banco de Terras para permitir que sexan arrendadas por periodos máximos de cinco anos. Despois, aquelas persoas que estén interesadas poderán acceder a este banco público para arrenda-las fincas, sabendo en todo momento cales están dispoñibles, a que prezo e en que condicións.

Unha iniciativa interesante tanto para os propietarios de terreos como para os agricultores de Oroso, xa que o Banco de Terras lle garante ao dono dos terreos o cobro da renda de aluguer e a devolución da finca nas mesmas condicións e, por outra banda, permite que aqueles veciños que queiran adicarse á actividade agraria poidan elixir entre unha ampla oferta de terreos.Públic