subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso convoca aos veciños de Senra e Cardama a unha charla sobre a concentración parcelaria.


Terá lugar o xoves 24, ás 10:00 horas, no local social de Senra.

O Concello de Oroso convocou aos veciños das parroquias de Senra e Cardama a unha charla informativa sobre o proceso de concentración parcelaria de Senra, Cardama e Villarromariz II. A conferencia terá lugar mañán xoves, 24 de xaneiro, ás 10:00 horas no local social de Senra.

A charla será impartida pola delegada provincial da Consellería do Medio Rural, Olga María García Agra. En representación do Concello de Oroso acudirán o tenente de alcalde, Xosé Manuel Pérez Penas, do concelleiro de Medio Rural, Jaime Carneiro Uzal, e o concelleiro de Cultura, Eduardo Veiras.

As obras de concentración parcelaria de Senra, Cardama e Vilarromariz comezarán a executarse este mesmo ano e están orzamentadas en 3,6 millóns de euros. Trátase, ademais, dunhas obras moi importantes para o municipio xa que as parroquias beneficiadas por esta actuación son as que inclúen un maior número de explotacións agropecuarias, en especial no caso de Cardama.

Nestes intres hai outra parcelaria en execución en Oroso, a que beneficia ás parroquias de Os Ánxeles, Calvente, Pasarela e Marzoa, e que está orzamentada en 1,5 millóns de euros. Con estas dúas actuacións quedará rematada a concentración parcelaria de todo o municipio de Oroso.