subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

A vindeira semá remata o prazo para solicitar os traballos preventivos de roza e tala de especies arbóreas no municipio de Oroso.


O Concello de Oroso e a Xunta farán estes traballos nunha franxa de 100 metros arredor de calquera edificación situada a menos de 400 metros do monte.

O Concello de Oroso ten previsto realizar nos vindeiros meses unha serie de traballos preventivos de roza e tala de especies arbóreas no municipio co obxecto de diminuir o risco de propagación de lumes forestais e minimizar os danos causados por estes sinistros. Uns traballos que abranguerán unha franxa de cen metros arredor de calquera edificación, urbanización, obras, instalacións industriais ou infraestruturas de transporte situadas a menos de 400 metros do monte.

Os propietarios das parcelas afectadas por esta medida teñen de prazo ata o vindeiro mércores, 30 de abril, para presentar a súa solicitude, cubrindo unha instancia dispoñible nas oficinas do Concello de Oroso. Para facelo, deberán identificar de xeito preciso a situación do terreo na que solicita esta actuación, especificando a paraxe, o número da parcela e o polígono.

Estes traballos preventivos de roza e tala de especies arbóreas serán levados a cabo nos vindeiros meses polo Concello de Oroso, en colaboración coa Consellería do Medio Rural, como medida de prevención de incenidos forestais no municipio.