subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Preto de 200 persoas participaron nos cursos de natación na piscina municipal de Oroso.


orosoPreto de duascentas persoas participaron nos cursos de natación que se desenvolveron durante o mes de xullo na piscina municipal de Oroso. A maior parte, uns 180 corresponderon ás clases infantís, para nenos e nenas de entre catro e dezaseis anos de idade. Nos cursos para persoas adultas participaron quince persoas.

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, así como a concelleira responsable da Piscina Municipal, María del Carmen Liste, e o concelleiro de Urbanismo e Territorio, Antonio Leira, acudiron ao acto de clausura dos cursos. As persoas participantes recibiron cadanseu diploma acreditativo, ademais dunha bolsa de caramelos para cada neno ou nena.