subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso organiza un novo curso gratuíto de defensa persoal para mulleres.


orosoO Concello de Oroso organiza un novo curso gratuíto de autodefensa para mulleres, que terá lugar durante catro mércores do mes de marzo: 8, 15, 22 e 29. As clases terán lugar no complexo deportivo Juanito Amigo de Sigüeiro en horario de 10:00 a 11:30 horas. As veciñas de Oroso interesadas en participar só teñen que inscribirse no Servizo Emprega Oroso, emprazado no Concello de Oroso, ou no teléfono 981 69 14 78.

O curso promove o uso das artes marciais como elemento de prevención emocional e física contra a violencia de xénero. Da man dun especialista da academia “Keysi by Justo Diéguez”, as mulleres participantes aprenderán técnicas de defensa ante calquera perigo. Este curso de defensa persoal para mulleres dá continuidade aos obradoiros de autoprotección para mulleres celebrados polo Concello de Oroso en 2014, 2015 e 2016.

Este curso forma parte das actividades especiais programadas polo Concello de Oroso para conmemorar o Día Internacional da Muller, que tamén inclúen a convocatoria do certame de fotografía “Muller Traballadora” ou a exposición “Homenaxea ás mulleres”, que recollerá imaxes antigas de mulleres traballadoras de Oroso e que serán presentadas o vindeiro 8 de marzo.