subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Comenza o programa de educación contra a violencia de xénero IgualarR3.


orosoSen educación non se eliminará a violencia de xénero. Por iso o Concello de Oroso e a Mancomunidade de Ordes poñen en marcha este programa que achegará aos nosos mozos/as á realidade da lacra da violencia de xénero e os fará reflexionar sobre o seu papel á hora de apostar por unha relación de igualdade entre homes e mulleres e desbotar a violencia.

O PROGRAMA

Este programa naceu co fin de formar criticamente á poboación xuvenil dos concellos da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, para medrar, desenvolverse e relacionarse plenamente sen prexuízos sexistas.

Nesta segunda edición do programa preténdese que alumnado sexa capaz de identificar e percibir o risco de determinados usos das TICs que fomentan a violencia machista e reproducen comportamentos contrarios a igualdade entre mulleres e homes; así como da necesidade de previlas adquirindo valores, actitudes e comportamentos que promovan novos modelos igualitarios.

OBXECTIVOS:

Os obxectivos do mesmo son os seguintes:
- Promover no alumnado o desenvolvemento das habilidades e estratexias de comunicación para unha resolución de conflitos non violenta: escoita activa, expresión de sentimentos e asertividade.
- Mellorar o autocoñecemento.
- Fomentar a formación en igualdade da poboación xuvenil.
- Modificar modelos e prexuízos baseados nas diferenzas de xénero.
- Desenvolver a capacidade de comunicación e de resolución de conflitos de xeito pacífico.
- Sensibilizar sobre a violencia de xénero e as súas causas.
- Fomentar as relacións igualitarias entre o alumnado.

A QUEN VAI DIRIXIDO?

Ao alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO dos centros da comarca.

DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA E CONMEMORACIÓN DO 25 DE NOVEMBRO

O Programa IGUALAR3 está concibido para desenvolver dúas sesións por aula en cada grupo destinatario co fin de conmemorar conxuntamente o 25 de novembro, Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Cada centro educativo realizará as seguintes actividades:
- Lectura nas aulas dun Manifesto contra a violencia de xénero elaborado polo alumnado
- Sinatura do Manifesto por parte do alumnado e profesorado
- Proxección dos traballos audiovisuais realizados nas sesións de traballo
- FHOTOCALL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: ao longo do día 25 de novembro o alumnado de cada centro poderá fotografarse diante dun fhotocall con lemas contra a violencia de xénero.


Con todos os traballos realizados nos centros, crearase unha exposición audiovisual para compartir entre os centros educativos da comarca.

Ademais destas sesións, contarase cun blogue no que calquera persoa interesada poderá coñecer as actividades que se realizan nos centros da comarca, ao mesmo tempo que servirá de instrumento útil para que o alumnado se implique no programa.


Pincha aquí para mais información sobre o progrma IGUALAR3