oroso O Concello de Oroso puxo en marcha hoxe o programa “Abre os ollos”, un obradoiro de prevención da violencia de xénero que se realiza por segundo ano consecutivo no municipio. Se en 2008 esta iniciativa permitiu a creación dun protocolo municipal de coordinación e actuación integral contra a violencia de xénero, o obxectivo da edición deste ano pasa por consolidar o protocolo, elaborar un manual de boas prácticas e implicar á comunidade educativa no proxecto." /> oroso O Concello de Oroso puxo en marcha hoxe o programa “Abre os ollos”, un obradoiro de prevención da violencia de xénero que se realiza por segundo ano consecutivo no municipio. Se en 2008 esta iniciativa permitiu a creación dun protocolo municipal de coordinación e actuación integral contra a violencia de xénero, o obxectivo da edición deste ano pasa por consolidar o protocolo, elaborar un manual de boas prácticas e implicar á comunidade educativa no proxecto." /> oroso O Concello de Oroso puxo en marcha hoxe o programa “Abre os ollos”, un obradoiro de prevención da violencia de xénero que se realiza por segundo ano consecutivo no municipio. Se en 2008 esta iniciativa permitiu a creación dun protocolo municipal de coordinación e actuación integral contra a violencia de xénero, o obxectivo da edición deste ano pasa por consolidar o protocolo, elaborar un manual de boas prácticas e implicar á comunidade educativa no proxecto." /> Concello de Oroso - O Concello de Oroso pon en marcha o programa "abre os ollos", que elaborará un manual de boas prácticas contra a violencia de xénero.
subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso pon en marcha o programa "abre os ollos", que elaborará un manual de boas prácticas contra a violencia de xénero.


Despois da elaboración en 2008 dun protocolo municipal de actuación, nesta segunda fase incorpóranse á rede de traballo os representantes dos centros educativos.

O programa inclúe accións formativas para os axentes sociais relacionados coa violencia de xénero e obradoiros de sensibilización para os rapaces e rapazas do IES e do colexio de Sigüeiro.

oroso O Concello de Oroso puxo en marcha hoxe o programa “Abre os ollos”, un obradoiro de prevención da violencia de xénero que se realiza por segundo ano consecutivo no municipio. Se en 2008 esta iniciativa permitiu a creación dun protocolo municipal de coordinación e actuación integral contra a violencia de xénero, o obxectivo da edición deste ano pasa por consolidar o protocolo, elaborar un manual de boas prácticas e implicar á comunidade educativa no proxecto.

“É moi importante e necesario en temas como o da violencia de xénero conseguir as cousas dende a base, por iso este ano o eixe central do programa xirará en torno á educación”, explica a concelleira de Servizos Sociais, Maricarmen Liste. Así, o programa terá un dobre enfoque: “por unha banda imos seguir cos obradoiros de sensibilización e concienciación no colexio e no IES, nos que participarán 120 alumnos; pero este ano imos traballar tamén cos mestres, que son fundamentais non só na prevención destas condutas, senón tamén na súa detección pois os nenos adoitan ser unha das partes máis afectadas cando se produce unha situación de violencia de xénero”, apunta Maricarmen Liste.

Manual de boas prácticas

Así, esta mañá o Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro acolleu a primeira das catro sesións formativas teórico-prácticas dirixidas aos profesionais que traballan diariamente con esta problemática. Unha sesión que hoxe xirou en torno aos medios de comunicación (e como estes afrontan as situacións de violencia de xénero) e o emprego (coa participación dunha orientadora laboral). A reunión estivo presidida pola concelleira de Servizos Sociais de Oroso e tamén asistiron representantes dos Servizos Sociais do municipio e da Mancomunidade de Ordes (psicóloga, asistente social, asesora xurídica, etc), das forzas de seguridade (Policía Local, Garda Civil e Protección Civil), do xulgado e profesores dos centros educativos.

O obxectivo destas sesións (que terán lugar todos os martes ata o vindeiro 3 de novembro) é mellorar a formación destes profesionais para que acaden progresivamente unha maior especialización respecto ao tema da violencia de xénero. Deste xeito, estableceranse estruturas de coordinación estables entre as diferentes entidades implicadas e mellorarase a atención ás mulleres vítimas de maltrato.

Así mesmo, este grupo de traballo elaborará un manual de boas prácticas de actuación e coordinación contra a violencia de xénero. Un manual que sistematizará as intervencións a realizar co fin de garantir actuacións coordinadas nos distintos niveis e áreas de actuación en caso de maltrato: prevención, apoio e protección. Ademais, elaboraranse unhas fichas de recollida de datos que favorezan a intervención común e a coordinación entre departamentos e entidades, garantindo sempre que os datos de cada vítima sexan absolutamente confidenciais.

Concienciación da comunidade escolar

A segunda fase do programa “Abre os ollos” terá lugar no colexio e no IES de Sigüeiro. Ademais de tres sesións de catro horas cos profesores dos centros educativos de Oroso, ao longo deste mes de outubro terán lugar tamén seis sesións con 60 alumnos e alumnas de segundo da ESO e outras dez sesións con 60 rapaces e rapazas de 6º de Primaria. Ademais, aqueles rapaces de 1º e 3º da ESO que participaron nas actividades realizadas en 2008 tamén poderán intervir en actividades puntuais.

No caso dos profesores, esas tres xornadas buscarán sensibilizalos sobre a desigualdade entre homes e mulleres e a violencia de xénero. Ademais, proporcionaránselles recursos materiais para que podan integrar o principio de igualdade na práctica educativa diaria, ensinándolles a evitar elementos de discriminación na linguaxe e a promover unha educación en favor da paz, da igualdade e o respecto mutuo.

Pola súa banda, os adolescentes debaterán en grupo sobre aspectos como: os roles tradicionais en función do xénero; a influencia do xénero dentro da identidade persoal, social e cultural; como resolver conflitos sen utilizar a violencia; discriminacións presentes na linguaxe, nos medios de comunicación e na publicidade....