subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

II Obradoiro de marketing local para pequenos negocios


orosoA Aula de Formación EducaOroso impartirá de xeito gratuito dende o 13 ao 17 de xuño o II Obradoiro de Marketing Local coa intención de mellorar visibilidade e estratexia comercial dos pequenos negocios.

Valorado en máis de 500 € o Concello de Oroso oferta de maneira gratuíta este segundo obradoiro, coa intención de continuar apoiando o comercio local a través da formación e os avances que a tecnoloxía pon ao alcance de todos nos. As prazas serán limitadas e o obradoiro impartirase de luns a venres dende ás 9:00 ás 10:30 horas.

Trataranse temas acerca da realización de unha estratexia comercial e daranse a coñecer un conxunto de accións que axudarán a por en práctica como dar a coñecer unha empresa, como lanzar un novo produto ou como aumentar a súa cota de venda e de participación de mercado.

Daranse a coñecer estratexias de marketing local baseado na localización para tentar centrar as accións de promoción ao redor da nosa localización xeográfica e tratar atraer a clientes dun segmento concreto de mercado.

A finalidade de aplicar accións de marketing local a través de unha boa estratexia comercial é lograr alcanzar unha vantaxe competitiva que permita ás empresa manterse no mercado. Neste obradoiro veremos exemplos concretos que cambiarán a perspectiva sobre aprender a conectar cos clientes, as súas necesidades e os teus retos comerciais.

Destinatarios

Profesionais con un negocio local ou calquera persoa que desexe aprender sobre estratexias ou accións de marketing local.

Posta en práctica das 5 estratexias gañadoras coas que non poden competir outras empresas de fóra de Oroso.

· O primeiro día aparecerás automaticamente no teléfono dos veciños cando te necesiten.
· O segundo, volverás a casa sendo un referente destacado no teu sector.
· Na terceira sesión converterás cada visita ao teu local nunha experiencia inesquecible.
· Na cuarta xornada conseguirás ingresos recurrentes da maneira máis simple.
· Para rematar, gañarás a admiración dos veciños aproveitando o que desexarían ter as grandes corporacións.

Isncrición
A través do seguinte enlace: https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/38606

Se precisas máis información, ponte en contacto coa Aula Mentor EducaOroso na Rúa do Deporte, nº 7 en Sigüeiro ou a través do correo educaoroso@oroso.gal ou o teléfono 981973927