subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Contacontos con María da Pontragha


orosoSeguindo cos actos do Día das Letras Galegas, que para o noso Concello non remata pasando o día, continuamos coas actividades que se levan a cabo nos nosos centros educativos.

Deste xeito, a Concellaría de Mulleres, Ensino, Benestar Social e Normalización Lingüística organizou o luns 23 o contacontos con María da Pontragha no CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés e no CEIP Plurilingüe de Sigüeiro e o martes 24 levamos a cabo a peza teatral ‘Os libros da titiriteira’ desenvolta pola Xanela do Maxín.

Como afirma a concelleira Isabel Fernández, “a cultura e a educación son unha peza angular no traballo do día a día”.