subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Presentación do libro "Sobrevivindo"


orosoAs dependencias do Centro Cultural Fernando Casas Novoa acolleron a presentación do libro 'Sobrevivindo' de Arantza Portabales editado pola Esitorial Galaxia.

O acto organizado por Isabel Fernández, concelleira de Mulleres, Ensino, Benestar Social e Normalización Lingüística, inscríbese dentro das actividades que con motivo do 'Día das Letras Galegas' se están a desenvolver no Concello de Oroso.

Queremos agradecerlle a colaboración a cantas persoas, institucións e empresas se implicaron neste acto: Amelia, Arantza, Aula 10, Club de Lectura Café con Letras, Biblioteca Pública de Oroso... e a todas as que asististes como público e arroupastes a esta escritora tan entrañable para nós.

A tod@s GRAZAS!!!