subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Oroso estrea: A inclusión a través das artes


orosoOroso acollerá este venres 20 de maio a estrea da obra de teatro "(Algunhas) cousas de Castelao" a partir das 20:30 horas no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro.

Para asistir, será preciso realizar a reserva a través do teléfono 698184590.

(ALGUNHAS) COUSAS DE CASTELAO nace da fusión entre o traballo que Fran Rei ven desenvolvendo coa Asociación Avante desde o ano 2017 no Obradoiro de dramatización e Teatro e a experiencia previa na creación e producción do espectáculo Retrincos de Castelao de Culturactiva Produccións.

A partir de adaptacións de textos do xenio de Rianxo, principalmente de Cousas e Retrincos componse un espectáculo co que as usuarias e usuarios de Avante comparten protagonismo con Isabel Risco e Fran Rei.