subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

SKETCHUP (versión maker)


orosoSKETCHUP é un programa de modelado en 3D deseñado para arquitectos, urbanistas, paisajistas, enxeñeiros, delineantes, aparelladores, interioristas, deseñadores de produtos e en realidade calquera profesional do sector do deseño.

A aula de formación EducaOroso, impartirá un curso sobre sketchup, no cal poderás ver as bases deste programa, que é cada vez máis demandado no mundo do deseño.

CONTIDO DO CURSO

INTRODUCIÓN AO DESEÑO ASISTIDO
INTERFACE DA APLICACIÓN
FERRAMENTAS BÁSICAS
EXERCICIOS PRÁCTICOS

Estas son algunhas das cousas que aprenderás ao longo do curso de introdución ao 3D con Sketchup Make:

· Como moverte por un espazo 3D.
· Debuxar liñas e superficies nun plano acoutado.
· Xerar nunha superficie figuras en 3D con medidas concretas.
· Modificar estas figuras acorde a uns parámetros previamente establecidos para poder facer adaptacións dentro do espazo.
· Engadir cor, transparencias, luces e sombras ás figuras.
· Crear unha presentación das figuras que creases.

Horario do curso:

16, 18, 19, 23, 24, 25 , 26 de maio de 2022 de 10:00 a 12:00 h

Solicitude de matrícula: https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/38336

Información:
Correo: educaoroso@oroso.gal
Telf.: 981973927
Web da aplicación: https://www.sketchup.com/es