subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Reunión coa Consellería de Educación


orosoO alcalde do Concello de Oroso, Luis Rey Villaverde, e a concelleira de Mulleres, Ensino e Benestar social, Isabel Fernández, mantiveron onte unha reunión co delegado da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Indalecio Cabana Leira.

No encontro, trasladáronlle as demandas efectuadas polos nosos centros educativos:
- Por parte do CEIP Sigüeiro, solicítase a axilización das obras de mellora, xa que están incluídas no 'Plan de melloras, sostibilidade e eficencia enerxética 2021-2024'.
- Con respecto ao IES de Oroso, solicitouse un patio cuberto.
- Con respecto ás peticións efectuadas sobre o CRA de Oroso, Cabana manifestou que non se vai facer ningunha mellora ou arranxo.