subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Obradoiro de marketing local para pequenos negocios


orosoA Aula de Formación EducaOroso, Concellaría de Ensino, en colaboración co servizo de Emprego e Promoción Económica do Concello de Oroso pon en marcha un pequeno obradoiro coa intención de mellorar visibilidade e estratexia comercial dos pequenos negocios.

Unha estratexia comercial é o conxunto de accións que pon en práctica unha empresa para darse a coñecer, lanzar un novo produto, para aumentar a súa cota de venda ou para aumentar a súa cota de participación de mercado.

O marketing local ou baseado na localización é aquel que consiste en centrar as accións de promoción ao redor dunha localización xeográfica concreta e tratar de atraer a clientes dun segmento de mercado. Pode realizarse de maneira física ou ben a través de accións dixitais segmentadas.

A finalidade de aplicar accións de marketing local a través de unha boa estratexia comercial é lograr alcanzar unha vantaxe competitiva que permita ás empresa manterse no mercado. Neste obradoiro veremos exemplos concretos que cambiarán a perspectiva sobre aprender a conectar cos clientes, as súas necesidades e os teus retos comerciais.

Destinatarios:

Profesionais con un negocio local ou calquera persoa que desexe aprender sobre estratexias ou accións de marketing local.

Posta en práctica das 5 estratexias gañadoras coas que non poden competir outras empresas de fóra de Oroso.

· O primeiro día aparecerás automaticamente no teléfono dos veciños cando te necesiten.
· O segundo, volverás a casa sendo un referente destacado no teu sector.
· Na terceira sesión converterás cada visita ao teu local nunha experiencia inesquecible.
· Na cuarta xornada conseguirás ingresos recurrentes da maneira máis simple.
· Para rematar, gañarás a admiración dos veciños aproveitando o que desexarían ter as grandes corporacións.

¡PRAZAS LIMITADAS! O obradoiro terá lugar dende o luns 4 ata o venres 8 de abril en horario de 9:00 horas a 10:30 horas. As prazas son limitadas e para inscribirse deberás poñerte en contacto coa Aula de Formación no correo: educaoroso@oroso.gal ou no teléfono: 981973927.