subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Día de Rosalía de Castro


orosoA concelleira de Mulleres, Ensino, Benestar Social e Normalización Lingüística do Concello de Oroso, Isabel Fernández, tivo o pracer de acompañar hoxe ao alumnado de 5º de Primaria do CEIP do Camiño Inglés no Roteiro dos Espazos de Rosalía de Castro en Compostela, da man de Mercedes Espiño.

Con estas actividades conmemoramos o mes de Rosalía de Castro, que iniciamos coa repintada nos pasos de peóns de versos da nosa poeta, coa campaña no comercio e con visitas á Casa Museo de Rosalía en Padrón.

Este xoves tócalle ao alumnado de 4º da ESO do IES de Oroso.