subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Formación gratuíta Writer e Calc


orosoEstes cursos “LibreOffice” son cursos de introdución ao uso dos programas Writer e Calc que che axudarán a coñecer as funcións básicas de ambos os programas e a crear e xestionar documentos de texto e follas de cálculo.

Procesador de textos. Writer

Neste curso de Writer realizaranse unha colección de fichas prácticas para a aprendizaxe do uso do procesador de texto, coa finalidade de adquirir competencias prácticas para a o manexo do procesador de textos.

· Que é un procesador de textos?
· Introdución ao medio de traballo (LibreOffice Writer)
· Crear un documento
· Estrutura e propiedades dun documento
· Formato de texto e formato de parágrafo
· Estilos e formato VII. Imaxes, debuxos e fórmulas
· Táboas
· Cabeceiras, pés de páxina e seccións

Solicita a túa praza no curso de Writer a través do seguinte enlace: https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/38073

Follas de cálculo. Calc

No curso de Calc realizaranse unha serie de actividades prácticas para a aprendizaxe do uso básico da folla de cálculo, coa finalidade de adquirir as competencias esenciais.

· Que é unha folla de cálculo?
· Introdución ao medio de traballo (LibreOffice Calc)
· Introdución e modificación de datos
· Formato de celas, filas e columnas (cor, tipo de datos, bordos, dimensións etc.)
· Filtros e ordenación dos datos
· Traballo con fórmulas
· Xestionar as follas de cálculo dun libro
· Formatos condicionais
· Creación de gráficos
· Configuración para a impresión dos datos

Solicita a túa praza no curso de Calc a través do seguinte enlace: https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/38074