subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso crea o Consello Escolar Municipal


orosoO Concello de Oroso, representado pola concelleira de Mulleres, Ensino e Benestar Social, Isabel Fernández, constituíu o Consello Escolar Municipal de Oroso.

Deste xeito, o Concello de Oroso mostra o seu compromiso coa educación, alicerce básico da nosa sociedade.

O labor do Consello é moi importante e necesario, xa que é un órgano útil, que servirá ao Concello de Oroso para escoitar as inquedanzas de todos/as, para coordinarnos e poder colaborar.

Con este organismo, o concello quere darlles voz aos centros educativos, ao mesmo tempo que pór en coñecemento de todos/as as reivindicacións, expectativas, traballos, proxectos e a visión que a concellaría ten con respecto á educación actual e ao seu futuro.

A concellaría de Mulleres, Ensino e Benestar Social quere traballar ao lado da comunidade educativa, estar en permanente contacto, e, deste xeito, desenvolver un traballo consensuado onde a educación se toma en serio e se coida.

A constitución do Consello Escolar Municipal demorouse un pouco debido ao estado provocado pola pandemia pero, por fin, coa voz do alumnado, profesorado, centros, familia e Concello de Oroso, quedou constituído e listo para traballar.