Aulas TIC
A Aula de Formación EducaOroso abergará o programa AULAS TIC co obxectivo de mellorar a empregabilidade e a ocupabilidade das persoas en situación de desemprego a través de itinerarios personalizados de inserción, mellorando así as súas competencias profesionais dixitais
Se tes un obxectivo profesional.
Entrevista Diagnóstico Inicial.
Se necesitas axuda para debuxar o teu plan de acción.
Orientación Laboral para apoiar e clarificar ideas.
Deseño de itinerarios personalizados para mellorar a túa empregabilidade.
Se queres mellorar o teu proceso de procura de emprego.
Formación en competencias dixitais para ampliar as túas posibilidades de traballo.
Talleres de Networking profesional para mellorar a túa inserción nas novas tecnoloxías da información e do emprego.
Se che interesa achegarche ao mundo empresarial.
Asesoramento para o autoemprego e procesos mentoring para favorecer a consecución dos teus obxectivos de innovación e emprendemento.
Datas
Os itenarios de formación terán lugar dende o luns 27 de setembro ao xoves 30 de setembro de 2021 en horario de 10:00 a 13:00 horas.
Solicita a túa praza
Para solicitar a túa praza deberás inscribirte no seguinte enlace
https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/37037