A Aula de Formación Educaoroso xa ten dispoñible un novo curso de Cisco: DevNet
Desde a aula de Formación Educaoroso informamos que xa está dispoñible a matrícula no novo curso de CISCO, DevNet. A matrícula estará aberta ata o próximo 22 de setembro.
DevNet
Este curso está dirixido a todas aquelas persoas interesadas en iniciarse ou perfeccionar nos conceptos e a práctica de programación de redes. Recoméndase ter coñecementos previos de PCAP (Programming Essentials in Python), CCNA, CCNP ou CiberOps Associate presenta as metodoloxías e as ferramentas de desenvolvemento de software moderno, aplicadas ás operacións de “Tecnoloxías da Información” e a “rede”.
No contido do curso veremos todas as necesidades relativas a xestión de microservizos, contedores e operacións de desenvolvemento, así como a automatización segura de infraestruturas con interfaces de programación de aplicacións (API).
PROCEDEMENTO DE MATRICULACIÓN
Os cursos CISCO ofertados dentro do programa Mentor, conlevan o mesmo custo mensual que o resto dos cursos, pero neste caso seguen unha planificación establecida cunha duración concreta deste curso de 4 meses os o que conleva un prezo pechado de 96 €.
• Pago único coa totalidade do prezo do curso 96 € (4 meses)
• Pago fraccionado: o pago inicial será coincidente ao resto dos cursos Mentor (48€ / 2 meses), e farase unha única recarga no mes de novembro co resto do custo.
A matricula (ata escogtar prazas) será dende o 7 ao 22 de setembro. Para máis información podes acceder ao seguinte enderezo https://centrovirtual.educacion.es/Symfony14/mentor.php/areasCursosWeb/mostrarInfoCurso/idCurso/1273