subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Curso Iniciación a Arduino


orosoNovo curso da aula de formación EducaOroso para dar a coñecer os mecanismos de programación da placa Arduino, os seus principais características, usos e aplicacións.

Xa que o obxectivo principal de Arduino é interactuar co mundo físico, inclúense neste curso os coñecementos e recursos necesarios para actuar no mundo real e recoller información deste.

Ademais, impartiranse unhas nocións básicas de electrónica que serán necesarias para traballar con seguridade cos compoñentes electrónicos e realizar correctamente todas as prácticas.

Tras finalizar o curso, os alumnos -aínda sen ter coñecementos previos nin de electrónica nin de programación- contarán coas habilidades, recursos e coñecementos necesarios para poder planificar, deseñar, prototipar e construír polo seu propia conta circuítos con Arduino dunha complexidade moderada.
Contidos:

Os contidos do curso comprenden os temas fundamentais para dominar os periféricos máis comúns de Arduino e os temas acompáñanse cun proxecto transversal para poñer en práctica cada un dos apartados estudados durante o curso.

• Introdución á computación física e a Arduino
• Electrónica analóxica elemental
• Saídas dixitais
• Entradas dixitais
• Estruturas de control
• Entradas analóxicas
• Saídas (case) analóxicas
• Proxectos transversais: Programación e montaxes de proxectos en común
• Proxecto persoal: Inicio dun proxecto individual de libre elección


Nivel do curso e requisitos previos: Iniciación

Coñecementos previos necesarios: Informática, Manexo fluído dos ordenador

Máis información:Aula Mentor EducaOroso (Rúa do Deporte, nº 7 – Sigüeiro), ou a través do correo: educaoroso@oroso.gal ou do telf.: 981973927

Solicitude de matrícula:https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/36840