subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Informamos que xa comezou o período de matriculación nos cursos Cisco ata o próximo 13 de setembro


orosoA Aula Mentor EducaOroso informa que se atopa aberto o prazo de inscrición nos cursos CISCO ata o próximo 13 de setembro.

Os cursos que se ofertan son os seguintes:

CCNA v7: Certificación Académica CISCO en redes de computadores.
Dita certificación na versión 7 consta de 3 módulos, tendo cada módulo unha duración de cinco meses. Á súa vez, os alumnos que desexen completar cada módulo deberán manter activa a súa matrícula durante os cinco meses sinalados.
Módulo 1 CCNA v7: O obxectivo do curso é presentar os conceptos e tecnoloxías básicos de rede, desenvolvendo competencias necesarias para planificar e implementar redes pequenas.
Módulo 2 CCNA v7: Neste curso veranse os conceptos básicos de conmutación e enrutamento dunha rede; axudando a planificar e implementar pequenas redes, incorporando unha gran variedade de aplicacións.
Módulo 3 CCNA v7: O obxectivo deste curso é presentar os conceptos e tecnoloxías básicos de redes; axudando a desenvolver as aptitudes necesarias para planificar e implementar redes pequenas.

CCNA CyberOps Associate:
O curso formará aos alumnos en destrezas para coñecer as vulnerabilidades que se producen en Ciberseguridade, os sistemas operativos que utilizan; detectar os tipos de ataque, os métodos que utilizan; protexer os datos persoais, os corporativos, todas as infraestruturas, etc.
É recomendable que o alumnado teña coñecementos básicos dos sistemas operativos Linux e Windows, coñecemento de redes equivalente aos módulos 1 e 2 de CCNA.
A documentación está en inglés. A lingua vehicular do curso será en español.

PRAZO DE MATRICULACIÓN: (ata esgotar prazas) do 1 ao 13 de setembro

PROCEDEMENTO DE MATRICULACIÓN: os cursos CISCO ofertados dentro do programa Mentor, conlevan o mesmo custo mensual que o resto dos cursos, pero neste caso seguen unha planificación establecida cunha duración concreta de 5 meses os cursos CCNAv7 e CCNA CyberOps Associate, o que conleva un prezo pechado dos mesmos de 120€ .

A. Pago único coa totalidade do prezo de cada curso:

B.Pago fraccionado en 2: o pago inicial será coincidente ao resto dos cursos Mentor (48€ / 2 meses), e farase unha única recarga co resto do custo que conleva o curso CISCO correspondente.