subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Información das datas sobre a conxelación das matrículas da aula Mentor


orosoA partir do mércores 16 de xuño e ata o 30 de xullo, todos aqueles usuarios con cursos activos na Aula Mentor do Concello de Oroso poderán solicitar a conxelación da matrícula con excepción dos alumnos matriculados nos cursos Cisco ou nas iniciativas singulares (Cursos gratuítos, Semipresenciais, etc)

Os alumnos os cales a matrícula foi conxelada voluntariamente poden solicitar a desconxelación da mesma ao longo do mes de setembro. Se non o fan, o 1 outubro desconxelaranse automaticamente as matrículas de todos os cursos.

Conxelación Agosto:
As matrículas que non se conxelen voluntariamente serán conxeladas automaticamente o día 1 de Agosto e desconxeladas de novo automaticamente o 1 de setembro.

Características da formación da Aula Mentor: Flexible para todos: O alumno determinará horario e lugar onde realizar o curso; dende a súa casa ou acudindo á aula. Variada: Existe unha ampla oferta formativa atendendo a todo tipo de necesidades e especialidades: coa opción de elixir entre cursos en aberto (gratuítos) e cursos titorizados.
Certificación: Ao finalizar o curso o alumno recibirá unha certificación outorgada polo Ministerio de Educación.
Apoio constante do titor: O titor comprométese a contestar antes de 48 horas ás consultas dos alumnos. Con excepción de fins de semana, festivos e o mes de agosto.
A Aula Mentor EducaOroso está equipada cos elementos necesarios para realizar un curso Mentor (ordenadores, conexión a Internet, materiais, programas informáticos...) Conta co asesoramento do administrador (persoa responsable do funcionamento da aula e asesoramento acerca dos diferentes cursos así como o uso da plataforma).

COMO FUNCIONA UN CURSO MENTOR
Pasos para realizar un curso Mentor:
1. O alumno é informado e asesorado sobre o curso que mellor se axusta ás súas necesidades polo administrador ou ben a través da web http://www.aulamentor.es
2. Unha vez seleccionado o curso é o momento para formalizar a matrícula.
3. Realizada a matrícula, ao alumno asígnaselle un titor que será a persoa que o acompañará no proceso de aprendizaxe: resolvendo dúbidas, avaliando as actividades propostas no manual e atendendo as cuestións que xurdan durante a realización do curso; cun compromiso de resposta inferior ás 48 horas.
4. Pasado o proceso de formación, o alumno realizará unha proba na Aula Mentor sobre os contidos do curso no que se matriculou.
5. Unha vez superado o exame, obterá unha certificación que acredita a realización do curso, especificando número de horas, contido, módulos...

Información sobre cursos:
http://www.aulamentor.es/es/cursos-mentor