subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Deseño 3D con Tinkercad: conceptos básicos


orosoO Concello de Oroso, a través da Aula CeMIT de Sigüeiro, organiza un curso gratuíto de deseño 3D con Tinkercad, que terá lugar os días 21, 22, 23, 28, 29 e 30 de xuño, en horario de 10:00 a 12:00 horas.

Contidos:

-Deseño con Tinkercad
-Tinkercad primeiros pasos
-Ferramentas de debuxo
-Ferramentas de modificación
-Importar modelos
-Imaxes e Texturas
-Moverse nos planos de traballo
-Exportar modelos para a posterior impresión

Solicita a túa matrícula a través do seguinte enlace: https://cemit.xunta.gal/es/centro/53

Para máis información, contacta coa Aula CeMIT de Oroso a través do correo educaoroso@oroso.gal ou no teléfono 981973927.