subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Obradoiro GRANTT PROJECT


orosoA aula CeMIT de Oroso convoca un obradoiro gratuito de Grantt Project que terá lugar dende o 14 de xuño ata o 17 de xuño en horario de 10:30 a 12:00 horas para a planificación de proxectos.

Un software con licenza libre e multiplataforma co que poderemos realizar a planificación dos nosos proxectos xestionando as tarefas, a súa duración, os recursos humanos empregados e os custos asociados. Hai moitos usos e situacións nos que nos pode servir de moito saber xestionar un proxecto, xa sexa persoal, profesional, no que esteamos solos, ou no que nos acompañe un equipo. E unha das cousas máis complexas de levar é a coordinación de tarefas e recursos, así como facer o seguimento e peche do proxecto.

Contidos:

• Instalación
• Configuración e propiedades do proxecto
• Recursos dun proxecto
• Agrupación de tarefas
• Dependencias entre tarefas
• Asignación de recursos
• Asignación de recursos
• Diagrama de Pert
• Exportación e importación
• Carencias e solución
• Caso práctico


Matrícula

O curso contará con 8 prazas que poderán ser presenciais ou por vídeo conferencia. Para solicitar a realización do curso de xeito presencial débese enviar un correo a educaoroso@oroso.gal.
Realiza a túa inscrición en https://cemit.xunta.gal/actividade/36337