Seminario en liña " Defiéndete de las Noticias Falsas!"
Terá lugar o día 21 de maio de 2021 ás 12:00
O seminario “Defiéndete de las Noticias Falsas!”, forma parte dun ciclo de conferencias para conmemorar o #diadeinternet2021. Este ano marcado pola pandemia da Covid-19, os actos terán como eixo principal a importancia da internet como panca de cambio para a transformación dixital e a resiliencia.
Con este obxectivo, desde a Aula de Formación EducaOroso sumámonos á celebración do #diadeinternet2021 a través do Seminario en liña “Defiéndete de las Noticias Falsas!”, onde se pon de manifesto a importancia da calidade e a integridade da información que manexa a opinión pública que repercutirá na capacidade da mesma de formar un pensamento crítico e libre.
As fake news supoñen un risco que debemos evitar ao primar os contidos sensacionalistas sobre as noticias ben contrastadas e racionais.
O programa da actividade inclúe os seguintes puntos:
· Que son as Fake News?
· Que é o Clickbait?
· Identifica bulos e noticias falsas
· Contrasta a información antes de compartila Identifica páxinas satíricas como forma de desinformación
· Exemplos actuais de bulos e informacións falsas Intelixencia artificial na desinformación - Deep Fakes
· Beneficios do pensamento crítico
Se estás interesado/a en participar no seminario en liña a través de Webex “Defiéndete de las Noticias Falsas!”, o 21 de maio de 2021 en horario de 12:00 a 14:00 horas, é necesario cubrir o seguinte formulario de inscrición
https://cemit.xunta.gal/actividade/35983