subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso colabora coa campaña 'Cores para a esclerose', con motivo do día municipal da esclerose múltiple


orosoA Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (ACEM) vén de presentar a campaña 'CORES PARA A ESCLEROSE', unha campaña de divulgación e visibilización da enfermidade dirixida aos centros de Educación Primaria de Santiago de Compostela e a súa contorna.

A campaña conta coa colaboración dos Concellos de Santiago, Ames, Brión, Teo e Oroso, e de seguro obterá tamén o respaldo da comunidade educativa.

'Cores para a esclerose' realízase con motivo do vindeiro Día Mundial da Esclerose Múltiple (30 de maio de 2021), e concrétase nunha presentación didáctica na aula e nun concurso de debuxo entre o alumnado de primaria dos centros educativos que se adhiran á mesma.

Os obxectivos desta campaña son: visibilizar -cunha compoñente didáctica acorde á idade do alumnado de primaria-, traballar valores como a empatía, a inclusión e a diversidade, e transmitir a importancia do tecido asociativo nas comunidades.

'Cores para a esclerose' pretende tanto visibilizar a enfermidade como dárlle cor, arroxando tanto luz e optimismo como actitude necesaria para afrontar unha enfermidade crónica.