subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Oportunidade para certificarse de xeito gratuíto con exames dende a casa aberta á cidadanía maior de 16 anos


orosoDende a Aula CeMIT Oroso informan das certificacións que teñen validez internacional e que poden axudar a mellorar as oportunidades de emprego e certifican coñecementos en ofimática ou en competencias dixitais aliñadas co marco común europeo e coas demandas dun mercado laboral en continuo cambio.

Nesta convocatoria, disponse de ata 400 prazas a nivel nacional

As categorías para a certificación son as seguintes:

MOS (Microsoft Office Specialist). Acredita o coñecemento, as competencias e as habilidades no manexo das diferentes ferramentas de Microsoft Office. Neste caso, os exames están vinculados aos programas de Microsoft Word, Excel e Power Point na súa versión 2016.

IC3 GS5 (Certificación de Competencias Dixitais). Son 3 exames independentes: fundamentos da informática, aplicacións clave e vivindo en liña. Acredita o coñecemento no uso de determinadas competencias e habilidades informáticas básicas requiridas no ámbito educativo e/ou profesional, e cumpre cos requisitos esixidos polo Marco Común Europeo de Competencias Dixitais (DigComp 2.0).

MTA (Microsoft Technology Associate). Trátase dunha certificación máis técnica e valida os coñecementos fundamentais e introdutorios necesarios para que calquera persoa poida desenvolver con garantías unha carreira profesional no sector TIC en tres das áreas principais: desarrollador, base de datos e profesional TI.

A data de realización dos exames está prevista para os días 19, 20 e 21 de maio e se poden realizar desde calquera ordenador con conexión a Internet. As persoas que o soliciten poderán acceder ás seguintes convocatorias:

· Microsof Office Specialist (MOS), un so exame:
o Word 2016 - 19/05 - 10:00h
o Excel 2016 - 20/05 - 10:00h
o Power Point 2016 - 21/05 - 10:00h

· IC3 GS5, ata 3 exames:
o Fundamentos de la Informática - 19/05 - 12:00h
o Aplicaciones Clave - 20/05 -12:00h
o El mundo de Internet - 21/05 -12:00h

· Microsoft Technology Associate (MTA), ata tres exames:
o Infraestruturas IT - 19/05 - 12.00h
o Bases de datos - 20/05- 12:00h
o Desarrolladores - 21/05 - 12:00h

Para participar, é preciso pre-inscribirse nesta ligazón e no apartado de “¿Pertences a algunha de estas entidades?” indicar “Outras” e detallar “Rede CeMIT”. A data límite será o venres 23 de abril.

Cada persoa só poderá apuntarse a unha das 3 modalidades de exame. Podendo realizar so un exame do paquete MOS, ata 3 exames de IC3 GS5 e ata 3 exames de MTA. Fundación Esplai reservase o dereito de cotexar datos de inscrición e rexeitar peticións que non cumpran con estes requisitos.

Unha vez feita a preinscrición, recibiráse un correo cos pasos a seguir, tanto para preparar os exames como para facelos de forma online o día que se escolla. (Recoméndase que antes de confirmar o exame, se repasen e utilicen os contidos de preparación, para valorar se dispós de tempo para preparalos, ademais de revisar as bandexas de correo non desexado e promocións para asegurarse de recibir todas a comunicacións -> Isto é IMPORTANTE xa que as comunicacións realízanse con envíos masivos).

É imprescindible confirmación. A partir do luns 3 de maio todas as persoas preinscritas recibirán un correo cun formulario adxunto, para confirmar a súa presenza no exame. Solo aquelas persoas que confirmen, recibirán a convocatoria online final.