subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso presenta as actividades do 8M


orosoO Concello de Oroso, a través da concellería de Ensino, Mulleres, Benestar Social e Normalización Lingüística, presenta o programa de actividades con motivo do 8M, Día Internacional da Muller. O goberno local propón diferentes actividades, dirixidas a todas as idades, para reivindicar a igualdade entre mulleres e homes.

O programa inclúe a lectura colectiva dun manifesto, o próximo luns, día 8, ás 12:00 horas diante do Concello de Oroso.

Haberá tamén obradoiros sobre diversidade sexual e de xénero nos centros educativos, a presentación do libro 'Ferreñas & Rock and Roll', a proxección do documental 'Muller(es) muller)' e autocine (María Soliña).

8M Oroso