subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Retoque fotográfico con GIMP


Informase tamén da dispoñibilidade de Webinars.

orosoA aula de formación EducaOroso pon en marcha un novo curso de retoque fotografía a través do software libre GIMP. As xornadas terán lugar pola mañá de 10:00 a 12:00 horas de o martes 2, mércores 3, xoves 4, luns 8 e martes 9 de febreiro.

O obxectivo de esta actividade é aprender o manexo básico do software GIMP. Empezando polo uso das ferramentas que nos proporciona este programa, aprenderemos a crear carteis sinxelos, facer pequenos retoques nas nosas fotos e realizar montaxes simples combinando os coñecementos aprendidos.

Contidos

· Introdución da interface gráfica
· Conceptos básicos de imaxes dixitais
· Uso de capas
· Ferramentas de selección
· Uso de outras ferramentas
· Retoques que podemos facer nas nosas fotos
· Cartel sinxelo
· Montaxes simples

Solicita a túa praza no seguinte enlace: https://cemit.xunta.gal/actividade/35458 ou achégate a Aula Mentor EducaOroso (Rúa do Deporte, nº 7 – Sigüeiro).

Nota: A causa da excepcional situación que se está a vivir pola COVID-19 a actividade levarase a cabo a través de vídeo conferencia,e so se ofertarán prazas presenciais atendendo a situacións nas que o interesado non poida seguir a actividade de outro xeito.



Webinars

Por outra banda informamos tamén da dispoñibilidade dos seguintes Webinars:

Pautas básicas de seguridade informática para menores dirixido a pais, nais e titores
Solicitude: https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/35460

Iniciación á programación- nivel básico
Solicitude: https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/35461

Aplicacións para a xestión da economía
Solicitude: https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/35462

Iniciación á programación- nivel medio
Solicitude: https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/35463

Plataformas de formación en liña, mellorando as túas competencias dixitais desde a casa
Solicitude: https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/35464

Iniciación ao retoque fotográfico- I
Solicitude: https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/35465

Iniciación ao uso do smartphone Android
Solicitude: https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/35466

Iniciación ao retoque fotográfico II
Solicitude: https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/35467

A duración das sesións, de xeito orientativo, será entre unha hora e cuarto ou e media