subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Convocatoria de Formación do Profesorado EducaOroso


orosoXa está aberto o prazo de matriculación dos cursos pertencentes á Convocatoria de Formación do Profesorado, destinado aos docentes que teñen interese en realizar cursos Mentor, que unha vez finalizados satisfactoriamente quedarán inscritos no Rexistro de Formación do Profesorado do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Dentro de todo o catálogo de cursos Mentor, os pertencentes a esta convocatoria son:

· GIMP
· Photoshop Básico
· Deseño en 3D con Sketchup inicial
· Crea a túa web con WordPress
· Modulación da voz
· Lingua de signos A1
· Educación infantil
· Técnicas de estudo
· Familia, Escola e Convivencia
· Ferramentas para a Aprendizaxe en Educación Formal e Non Formal: O Enfoque de Proxectos.
· Coaching e liderado persoal
· Redes sociais para PEMES. Introdución ao Community Management
· Orientación Profesional e Procura de emprego
· Comunicación efectiva e traballo en equipo
· Promoción e comercialización de produtos e servizos turísticos locais
· Iniciación á musicoterapia
· Fotografa dixital
· Adobe Illustrator
· Adobe InDesign



A nivel xeral, o procedemento é o seguinte:

  1. Facilitar unha copia da ficha de inscrición do INTEF.
  2. Achegar a documentación adicional que se especifica na apartado “Documentación a achegar” da convocatoria. Ademais da ficha de inscrición, habería que incluír un certificado do centro educativo indicando que se imparte docencia directa ou unha cabeceira da nómina na que se especifique o cargo docente desempeñado.
  3. Enviar este ficheiro comprimido por mail á conta que se mostra identificando o asunto o nome e apelido do alumno oroso@aulamentor.es