subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Crea a túa web. Introdución a Wordpress


orosoO Concello de Oroso ofrece a través da súa aula de formación un curso gratuito de creación de páxinas web coa ferramenta WordPress dende o 16 de novembro ata o 19 de novembro en horario de 10:00 a 12:00 horas.

Contidos do curso Instalación de WordPress.
Administración da web.
Configuración básica. Instalación e xestión de Temas.
Engadir entradas ao Blogue.
Engadir páxinas á web.
Xestión de Menús.
Xestión de Widgets.
Xestión de Plugins.
Xestionar comentarios.
Xestión de Usuarios.

Para quen é este curso de Introdución a Wordpress?

Para todos os usuarios que busquen unha ferramenta que lle axude a crear un sitio web de forma sinxela. WordPress é flexible, dispón de miles de temas gratuítos (e comerciais) e moitos plugins que permitirán que o sitio poida ir medrando.

Non é necesario ter coñecementos previos de WordPress ou creación de sitios web, pero si unha base de informática a nivel usuario para saber desenvolverse no computador e poder avanzar con axilidade e seguridade.

Os termos e conceptos utilizados neste curso son básicos e entendibles por usuarios sen experiencia previa. Inclúese un pequeno glosario de termos empregados para facilitar a súa comprensión. Este é un curso básico de WordPress e estará centrado en dar a coñecer a base, as diferentes pantallas do administrador e como funcionan os elementos esenciais que fan posible construír contidos con facilidade.

Como funciona este Curso?

O deseño do curso é moi sinxelo a través de prácticas guiadas, require que previamente solicites a matrícula no seguinte enlace: https://cemit.xunta.gal/actividade/34794

O curso contará con 6 prazas presenciais e 6 por vídeo conferencia. Para estas últimas ademais de solicitar a matrícula debes enviar un mail a educaoroso@oroso.gal indicando o curso e modalidade elixida.

Solicita a túa matricula:

No seguinte enlace podes solicitar a túa praza https://cemit.xunta.gal/actividade/34794