subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Activa O teu Emprendemento 2020. Un Programa para mellorar a inserción socio-laboral de mulleres


orosoActiva o teu Emprendemento acompaña a estas mulleres na súa procura de emprego, así como na creación e consolidación das súas empresas.

Ven a ser un programa de motivación ao emprendemento dirixido a mulleres, coa finalidade de apoiar a súa decisión de emprender e acompañalas no proceso de emprendemento, a través do seu empoderamento persoal e o fortalecemento das súas capacidades.

Para iso, desenvólvense itinerarios de emprendemento co desenvolvemento accións de información e formación, apoio e acompañamento para a maduración da idea de negocio e a súa posta en marcha e accións de intercambio de coñecemento, experiencias e cooperación entre emprendedoras e empresarias.

Obxectivos:
- Fomentar o espírito emprendedor e promover o emprendemento de mulleres, especialmente no ámbito da economía social.
- Asesorar a emprendedoras coa finalidade de que consigan uns mellores resultados.
- Dotar ás emprendedoras dunha formación e adestramento en técnicas de xestión que lles permita desenvolver, coas máximas garantías de éxito os seus proxectos empresariais e que estes se convertan en empresas sostibles.
- Fomentar e apoiar a creación de redes de mulleres empresarias que favorezan a cooperación interempresarial e a súa visibilidade.
- Impulsar a educación financeira e o acceso a financiamento para proxectos empresariais promovidos por mulleres.

Que pasa coas persoas máis vulnerables en momentos difíciles?
Se xa durante o período “preconfinamiento”, algunhas mulleres vivían nunha situación de especial vulnerabilidade. Agora a súa situación agrávase. Moitas das que tiñan traballo perdérono e en algúns dos casos estes traballos eran totalmente precarios, polo que moi poucas teñen aforros dos que ir “tirando”.

Nova situación. Novas formas de facer as cousas.
Para seguir dándolles resposta, adaptámonos á nova situación. O noso obxectivo: Que cando todo volva á normalidade, estean preparadas para afrontar os novos retos que sen dúbida se van a atopar (que, sen dúbida, imos atopar todas…)

Agora máis que nunca facemos uso das novas tecnoloxías!!