subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

AulaMentor en aberto


orosoPrimeiramente esperamos que tanto vós como as vosas familias vos atopedes ben, nada mais importante en estes momentos. Desde a Aula Mentor EducaOroso seguimos traballando con todo o empeño para seguir ofrecendo o servizo do mellor modo posible.

Por iso participamos nunha convocatoria de Mentor en Aberto para, en este momento de crise, poidadamos ofrecer o noso catálogo de cursos gratuítos á poboación adulta que lle poida interesar.

Estes son os aspectos máis importantes:

  • Prazos de inscrición: do 2 ao 8 de abril. A partir de mañá os alumnos poden solicitar a matrícula de cursos como en convocatorias pasadas. A matrícula destes cursos realízase a través de una solicitude por correo electrónico e coa particularidade de que estes cursos non teñen ningún tipo de custo para o alumno senón que son gratuítos.
  • Matrícula: Estes cursos desenvólvense en unha plataforma de Moodle e durante os días 13 e 14 de abril procederemos a confirmación de matrícula dos alumnos.
  • Inicio dos cursos: os cursos comezarán o 15 de abril, aínda que no caso de que quedasen prazas dispoñibles poderiamos ampliar o prazo de matriculación para admitir a máis alumnos.

    • Cursos confirmados ata o momento:
        Iniciación ás matemáticas
      • Iniciación á física
      • Introdución á Ciberseguridad
      • Introdución ao Internet das Cousas
      • Emprendimiento Digital
      • Iniciación ao Salesforce

      Se queres solicitar a matrícula en algún de estes cursos envía a un correo electrónico a seguinte dirección educaoroso@oroso.gal, xuntando os seguintes datos:
      NOME E APELIDOS:
      DNI:
      DATA DE NACEMENTO:
      TELÉFONO DE CONTACTO:
      CORREO ELECTRÓNICO:
      CURSO SOLICITADO:

      Para mais información:
      Aula Mentor EducaOroso
      Correo: educaoroso@oroso.gal
      Telf.: 981973927