Curso de CISCO Linux Essentials
A partir do día de hoxe, luns 24 de febreiro, vai abrir o prazo de inscrición do curso de CISCO Linux Essentials. É un curso que conta con prazas limitadas que se irán enchendo por orde de inscrición.
Consultar na web: http://www.aulamentor.es/es/component/content/article/7-novedades/347-linux-essentials-cisco
• Prazo de matriculación: do 24 de febreiro ao 5 de marzo (ata esgotar prazas).
• Inicio do curso: 2 de marzo (independentemente do día en que realice a matrícula cada alumno, o acceso á plataforma Netacad terá lugar o 2 de marzo seguindo a planificación establecida no calendario do curso).
• Procedemento de matriculación: os cursos CISCO ofertados dentro do programa Mentor, conlevan o mesmo custo mensual que o resto dos cursos, pero neste caso seguen unha planificación establecida cunha duración concreta de 4 meses no caso de Linux Essentials, o que conleva un prezo pechado de 96€.
Do mesmo xeito que o resto de cursos de CISCO; para facilitar o proceso de pago do alumnado nos devanditos cursos, establecéronse dúas modalidades para que o alumnado elixa a que máis lle poida interesar, tendo en conta que a matrícula deberá atoparse activa en todo momento ao longo dos períodos de duración dos cursos:
1. Pago único coa totalidade do prezo de Linux Essentials: 96€ (4 meses)
2. Pago fraccionado: Pago inicial 48€ (2 meses) + recarga de 48€ (2 meses)
Información do curso en este enlace:
https://centrovirtual.educacion.es/Symfony14/mentor.php/areasCursosWeb/mostrarInfoCurso/idCurso/1211