Taller formativo"Administración electrónica. Plataforma SUBTEL"
Na liña de continuar coas actividades formativas no ámbito da Administración Electrónica o Concello de Oroso, a través da Aula de Formación EducaOroso, pon en marcha una taller para formarse no uso da Plataforma SUBTEL nun taller que terá lugar o vindeiro martes día 19 de novembro.
O taller formativo desenvolverase na Aula de Formación EducaOroso e os veciños de Oroso poderán coñecer o funcionamento e as vantaxes da plataforma SUBTEL para a tramitación de axudas da Deputación da Coruña.
A impartición do taller nesta aula permitirá que os asistentes realicen as súas propias xestións nos equipos, familiarizándose co modo de acceso e os sistemas de identificación que permiten a utilización da plataforma. A formación será impartida polo axente dinamizador do proxecto PEL-Concello Dixital e terá lugar o vindeiro martes día 19 de novembro de 12:00 a 14:00 horas.
A través da plataforma SUBTEL podes acceder á sede electrónica para realizar trámites sen ter que te desprazar, a calquera hora do día, os 365 días do ano, garantindo a seguridade do cidadán a través de diversos mecanismos para identificarse. Unha vez dentro, a persoa usuaria pode solicitar subvencións e facer e consultas sobre o estado das xestións iniciadas.
Esta actividade estará dirixida preferentemente a asociacións e profesionais que teñan que solicitar calquera subvención á Deputación, as que puideran ter dereito, e deban tramitalas obrigatoriamente a través da plataforma SUBTEL.
Podes solicitar a túa praza a través do seguinte enlace:
https://cemit.xunta.gal/actividade/30020