Oroso pon en marcha un novedoso programa para previr e actuar en casos de conflictividade ou exclusión social de mozos e mozas
O Concello de Oroso ponen marcha un novedoso programa de intervención e mediación para previr e actuar en casos de conflitividade ou exclusiÓn social de mozos e mozas.
A concelleira de Servizos Sociais e Ensino de Oroso, Isabel Fernández, mantivo hoxe unha reunión de traballo para comezar o programa con Carlos Rosón, da entidade Igaxes, á que tamén asistiron o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e a directora da oficina de La Caixa, Ana Patricia Rodríguez.
“Facemos un traballo en rede co mozo ou moza que necesita axuda, as familias e os técnicos de Servizos Sociais, aplicando en cada caso concreto a forma de actuar máis recomendable”, afirma Rosón.
A concelleira encargada do programa, Isabel Fernández, destacou “o traballo en rede desta iniciativa e a parte de prevención en temas como a drogodependencia, sexualidade, igualdade ou bullyng, implicando tamén a outros rapaces como mediadores en determinados conflitos”.
Rodríguez manifestou que era “un orgullo” para La Caixa participar neste tipo de iniciativas, un esforzo que agradeceu o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, “así como o traballo que se fai desde Servizos Sociais”.
“Cando hai un problema decidimos se a mellor forma de afrontalo é con titorías personalizadas, cunha actuación de toda a familia ou a través da mediación; cada caso é diferente e despois facemos un seguimento no tempo para comprobar que vai todo ben”, engadiu Carlos Rosón.
O obxectivo principal é favorecer o proceso de integración escolar, familiar, social e laboral, para o cal as actividades adaptaránse ás necesidades e características individuais. Este programa Aleida levaráse a cabo no IES de Oroso.