Concentración ás 12 horas diante do Concello
Dende o Concello de Oroso queremos expresar a nosa máis enérxica repulsa ao asasinato de machista de 3 mulleres en Valga.
Xa son 5 mulleres asasinadas no que vai de ano en Galicia e 43 nos últimos 10 anos.
Cando vai parar este terror machista?
Cando entenderán que as mulleres non temos dono?
QUERÉMONOS VIVAS
NIN UNHA MENOS
MARTES 17, ÁS 12 HORAS, CONCENTRACIÓN DIANTE DO CONCELLO DE OROSO.