subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Nova convocatoria Cisco CCNA


orosoO Concello de Oroso, desde a Aula de Formación EducaOroso informa sobre as datas relacionadas coa convocatoria de setembro 2019 para os cursos de Cisco CCNA, CCNA Cybersecurity Operations e Linux Essentials.

CISCO CCNA

Comunícase que a matriculación nos cursos Cisco da convocatoria de setembro de 2019 atópase aberta ata o xoves 12 de setembro. Posteriormente todas as matrículas serán modificadas para que a data de inicio sexa en todas a mesma (9 de setembro). As actividades docentes do curso comezan o 16 de setembro, polo que o alumnado recibirá os datos de acceso á plataforma NetAcad durante a semana do 9 ao 12 de setembro. Nesta ocasión, ofrécese o itinerario Cisco CCNA6 módulos 1, 2, 3 e 4. Xa están dispoñibles as planificacións na web:
https://centrovirtual.educacion.es/Symfony14/mentor.php/areasCursosWeb/mostrarCursos?idArea=90

Lembrase que para cursar un módulo Cisco hai que superar previamente os módulos anteriores en Aula Mentor e que cada módulo teñen unha duración de cinco meses, polo que non gozan da flexibilidade do resto da oferta formativa. Os alumnos que desexen completar cada módulo deben manter activa a súa matrícula durante o sinalados cinco meses, partindo dunha matrícula inicial de dous meses e podendo recargar o resto nunha única operación ao comezo ou de maneira paulatina mes a mes para evitar a perda do investido no caso de abandono.

CCNA CYBERSECURITY OPERATIONS

Este curso está dirixido a todas aquelas persoas interesadas en iniciarse ou perfeccionar os conceptos e a práctica da ciberseguridade. É recomendable que o alumno teña coñecementos básicos dos sistemas operativos Linux e Windows, coñecemento de redes equivalente aos módulos 1 e 2 do CCNA R&S. A matriculación de este curso será ata o xoves 12 de setembro ou ata que se cubra a cota de 40 alumnos. As actividades docentes do curso comezan o 16 de setembro, polo que os alumnos recibirán os datos de acceso á plataforma NetAcad durante a semana do 9 ao 12 de setembro.

LINUX ESSENTIALS

"Linux Essentials", é un curso de introdución sobre o sistema operativo Linux que foi desenvolto por NDG e que se imparte na Academia de Cisco. Este curso ten unha duración de 4 meses, durante os cales é necesario ter activa a matrícula permanentemente. A planificación pódese consultar na web. A datas de matrícula estará aberta ata o 30 de setembro. Posteriormente todas as matrículas serán modificadas para que a data de inicio sexa en todas a mesma (23 de setembro). As actividades docentes do curso comezan o 23 de setembro polo que os alumnos recibirán os datos de acceso á plataforma NetAcad durante a semana do 23 ao 30 de setembro.