subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Robótica para todos


orosoO Concello de Oroso a través da Aula Mentor de Oroso convoca unha actividade de Robótica para iniciar a nenas e nenos na programación dun xeito entretido. A bondade máis importante da robótica e de separar o alumno da pantalla e facer que interactúe co mundo real a través dos sensores e dos actuadores dun robot.

MBot e un robot comercial que dispón das ferramentas precisas para facer que a programación sexa unha actividade divertida, xa que presenta o resultados dun xeito diferente.

Ao mostrar resultados por medio de movementos, luces, sons, conseguimos separarnos da exactitude que existe no mundo dixital e decatarnos que no mundo real, 1 + 1 non son exactamente 2.

A actividade constará de superar mini-retos. A resolución de cada reto instruirá o alumno nun algoritmo distinto de programación.

MBot Segueliñas
Facemos que o mbot siga unha a liña dun circuíto. Competiremos entre os alumnos para ver quen fai o robot máis rápido. Aprenderemos o ciclo da vida do software e os condicionais.

MBot Radiocontrol
Facendo uso do makey makey construiremos un mando a distancia que controlará o noso mbot coma se fose un coche de radiocontrol. Aprenderemos eventos, electricidade e comunicación wireless.

MBot Labirinto
Construiremos un pequeno labirinto e tentaremos que o mBot o percorra ata atopar a saída. Este reto terémolo preparado no caso de que alumnos con perfil geek rematasen os outros restos. Aprenderemos algoritmos e bucles.

Que aporta esta actividade?
- Programación: Iniciaremos na programación por bloques. Aprendendo o ciclo da vida do software, os condicionais, as variables e os algoritmos.
- Electricidade: Coñeceremos as partes do robot e a función que desenrolan. Tamén aprenderemos de condutividade e circuítos eléctricos cando constrúan o control remoto de mBot.
- Plástica: para os máis cativos debuxaremos, recortaremos e pegaremos o control remoto do mBot. Pintarémolo o noso gusto traballando a psicomotricidade fina.

Solicita a túa praza: https://cemit.xunta.gal/es/actividade/28976