subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Os concellos galegos pola sensibilización sobre a diversidade sexual


oroso“Convidamos a todas as Entidades Locais de Galicia a facer súa esta declaración e a unir esforzos desde o ámbito local para promover a sensibilización sobre a diversidade sexual.

Condenamos a discriminación ou calquera outra forma de violencia –tanto física como verbal e exercida contra calquera persoa ou colectivo– por razóns de orientación ou identidade sexual ou por calquera outra razón.

Cremos na necesidade de afondar na educación da cidadanía sobre diversidade sexual polo que demandamos a posta en marcha de programas de concienciación e sensibilización que acheguen información á veciñanza.

Ratificamos o compromiso de facer dos nosos pobos e cidades espazos nos que os individuos podan desenvolver a súa sexualidade dunha forma íntegra e natural, independentemente da orientación ou identidade sexual propia.”