subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso abre o prazo de matrícula no Curso de Preparación das Probas Libres para obter o Graduado en Educación Secundaria.


 

O prazo estará aberto ata o vindeiro 11 de outubro de 2018 e o luns día 15 de outubro de 2018 as 20:00 horas na Aula de Formación EducaOroso realizaranse as probas de acceso. Unha vez realizada a proba e publicado o listaxe de aspirantes admitidos, o curso dará comezo o xoves día 25 de outubro de 2018.

O Concello de Oroso abre o prazo de matrícula para un curso gratuíto de preparación das probas libres para obter o título de Graduado en Educación Secundaria (ESO). O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 11 de outubro con un número de prazas é limitado.

O número de prazas dispoñibles será de 18. O único requisito para participar é ter 18 anos e realizar unha pequena proba de acceso, que se realiza coa finalidade de establecer un punto de partida homoxéneo para todos os alumnos e alumnas do curso.

Ao longo do curso abordaranse os temas máis salientables da educación secundaria para adultos coa finalidade de recoñecer os obxectivos principais desta etapa educativa e poder superar a proba libre que se convoca anualmente a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia para a obtención do Graduado en ESO.

As solicitudes deberán presentarse no modelo de instancia establecida polo Concello de Oroso no rexistro oficial do Concello, praza Isaac Díaz Pardo nº 1, 15888. Sigüeiro. Oroso, ata o 11 de outubro de 2018.

Para máis información dirixirse á Aula de Formación de Adultos EducaOroso, emprazada no departamento de Servizos Sociais (rúa do Deporte s/n), nos teléfonos 981 688 950 e 981 973 927 ou no mail: educaoroso@concellooroso.com


DESCARGAR CONVOCATORIA
DESCARGAR SOLICITUDE

LISTAXE DE ADMITIDOS