Curso gratuito de Impresión 3D
O Concello de Oroso, a través da Aula CeMIT de Sigüeiro, organiza un curso gratuíto de Iniciación á Impresión 3D, que terá lugar os días 3, 4, e 5 de xullo, en horario de 10:00 a 12:00 horas. As inscricións poden realizarse a través do teléfono 981 688 950 ou na web CeMIT.
O curso está dirixido a todas aquelas persoas que queiran introducirse no mundo da fabricación dixital e manexo das impresoras 3D, xa que non fai falla ter coñecementos previos específicos. O curso propón un achegamento de carácter teórico ao mundo da impresión 3D para facilitar o deseño e execución dalgunha peza en seguintes sesións. Así, o alumnado aprenderá a preparar os modelos para a súa impresión, a escanear en 3D a partir de fotografías e a coñecer as ferramentas precisas para o modelado e a impresión en 3D.