subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso oferta un curso gratuito de deseño asistido con 3D.


O curso terá lugar do 21 ao 31 de maio en horario de 10:00 a 12:00 horas.

orosoO Concello de Oroso, a través da Aula CeMIT, oferta un curso gratuíto de SketchUp, que terá lugar do luns 21 ao xoves 31 de maio en horario de 10:00 a 12:00 horas. As inscricións poden realizarse na Aula de Formación EducaOroso (rúa do Deporte 7, Sigüeiro), no 981 688 950 ou a través da web CeMIT.

Este curso está dirixido a veciños e veciñas que teñan ou non coñecementos de deseño asistido con 3D, e desexen aprender a manipular as ferramentas básicas de SketchUp e traballar con 3D.

Os contidos que se tratarán no curso son:
- Deseño con SketchUp
- SketchUp primeiros pasos
- Ferramentas de debuxo
- Ferramentes de modificación
- Importar arquivos (DWG/DXF)
- Imaxes e Texturas
- Visualización: Sombras, Escenas e Estilos
- Conexión con Google Earth
- Ampliando SketchUp: Plugins básicos