A CeMIT de Oroso oferta un curso gratuíto de edición de imaxes con GIMP.
O Concello de Oroso, a través da Aula CeMit, oferta un curso gratuíto de edición de imaxes con GIMP, que terá unha duración de 7 horas e media impartidas ao longo de tres sesións formativas a celebrar nas mañans entre o 9 e o 11 de abril.
O obxectivo de esta actividade é aprender o manexo básico do software GIMP. Empezando polo uso das ferramentas que nos proporciona este programa, aprenderemos a crear carteles sinxelos, facer pequenos retoques nas nosas fotos e realizar montaxes simples combinando os coñecementos aprendidos.
Contidos
Introdución e descrición da interface gráfica
Conceptos básicos de imaxes dixitais
Uso de capas
Ferramentas de selección
Uso de outras ferramentas
Retoques que podemos facer nas nosas fotos
Un cartel sinxelo
Montaxes simples
As inscricións poden realizarse a través do seguinte enlace https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/24622
Maís información na Aula Mentor EducaOroso (rúa do Deporte 7, Sigüeiro) ou no 981 688 950.