subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Programación Industrial con Codesys.


orosoA Aula de Formación EducaOroso informa de que xa está incorporado o curso de "Programación Industrial con Codesys" á oferta formativa da Aula Mentor.
O desenvolvemento industrial actual, no que todo está interconectado, coñécese como Industria 4.0, e para acceder a el requírense de sistemas de programación avanzados para máquinas cada vez máis intelixentes.

O curso Programación Industrial con CODESYS, dá resposta a unha parte deste sistema. O propósito deste curso é introducir ao alumnado na programación de controladores programables industriais en linguaxes como LADDER, GRAFCET e TEXTO ESTRUCTURADO, principalmente.

Este curso está destinado ás persoas que queiran completar a súa formación no campo da automatización industrial.