subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso conmemora mañá martes o Día Internacional da Biblioteca co espectáculo “Picadiscos”, de Mari Faltri.


 

O centro cultural de Sigüeiro acollerá mañá martes 24 de outubro, ás 18:00 horas, o espectáculo “Picadiscos”, da artista Mari Faltri. Una actuación coa que o Concello de Oroso quere conmemorar o Día Internacional de Biblioteca. A entrada é libre e de balde.

“Picadiscos” é un espectáculo de música infantil na que Mari Faltri, artistas de Urdime Propostas Culturais, exercerá de DJ para poñerlle aos nenos e nenas de Oroso os temas máis coñecidos da música infantil en galego. Unhas cancións que estarán acompañados por bailes ideados para a ocasión