subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso oferta un curso gratuíto para aprender a crear unha tenda web.


orosoO Concello de Oroso, a través da aula mentor EducaOroso, vén de convocar o curso “Creación de tendas en liña con Opencart. E-Commerce”, de oito horas lectivas durante as cales o alumnado poderá aprender a crear a súa propia tenda web. As inscricións deberán formalizarse na Aula de Formación EducaOroso (rúa do Deporte, 7. Sigüeiro) ou no teléfono 981 688 950.

O curso terá lugar os días 10, 11, 12 e 13 de xullo na Aula de Formación EducaOroso, en horario de 10:00 a 12:00 horas. “O obxectivo é desenvolver unha tenda virtual, é dicir, unha aplicación web que permita aos clientes potenciais dun comercio navegar polo catalogo de produtos que este ofrece, ver as súas características básicas, seleccionar aqueles que lles interesen e unha vez feito isto, poder realizar un pedido destes produtos ao comerciante a través dos propios mecanismos que ofrece a aplicación”, explica Miguel Anxo Gómez, profesor administrador da Aula de Formación EducaOroso.

Este é o segundo curso gratuíto que organiza o Concello de Oroso dirixido especialmente ao sector comercial e hostaleiro do municipio, despois da convocatoria dun curso online sobre escaparatismo e imaxe no punto de venda o pasado mes de maio.